viernes, 10 de abril de 2009

Banda de Gaitas de Vilar de Barrio e Sarreaus

Esta é unha actuación da Banda de Gaitas de Vilar de Barrio e Sarreaus, na 2ª fase do campionato da Liga de Bandas de Gaitas que tivo lugar en Aveiro (Portugal) o 5 de abril de 2009. Preme na foto pata escoitala e se che gusta e queres ser gaiteiro, apúntate ás clases.

martes, 7 de abril de 2009

A voz humana

Desde aquí podes escoitar varios tipos de voces, zarzuela, ópera; tamén tes opción a xogos, karaoke, arquivos midi, partituras e enlaces a outras páxinas.

Cantos Presencias

Se premes nesta partitura poderás ver moitas máis. Tamén terás asletras das cancións e o seu son en formato midi.

Cancións populares de toda Europa.

Desde este mapa accedes a unha base de datos que de cada canción che ofrece: a letra, a partitura coa letra debaixo das notas, e a partitura analizada en diferentes cores para diferenciar as partes da canción.
Dentro de España tamén tes un listado con cancións de diferentes Comunidades Autónomas

Principais instrumentos musicais

Facendo clic na imaxe tes acceso a toda unha lista de instrumentos musicais. Escoita o seu son.

lunes, 6 de abril de 2009

Todo sobre o Nadal

Villancicos, contos, fichas, manualidades e moitas cousas de Nadal.
Investiga premendo na imaxe.

Cancións por orde alfabético

Accede a través da imaxe a un cancioneiro ordenado alfabéticamente. En cada unha das letras terás unha lista de cancións

Xogos

Aqui encontrarás todo tipo de xogos e as súas cancións. Pica na imaxe e verás...

Cancións

Se premes na imaxe terás moitas cancións clasificadas por ciclos.

A carabela musical

Sons longos e curtos. Aprende a clasificalos. Fai clic na imaxe, escoita os sons dos obxetos e logo arrastraos ó lugar correspondente.

Coro de cabalos

Crea un coro xuntando as catro voces

Instrumentos, ritmo e linguaxe musical

Coñece os instrumentos da orquestra, traballa o ritmo, a linguaxe musical e algo de historia da música

Os instrumentos da orquestra

Escoita o son dos diferentes instrumentos da orquestra. Preme na imaxe.

"O OUTONO" de Vivaldi

Escoita unha das catro estacións de Vivaldi, "O Outono".
Poderas ler o conto ó mesmo tempo que ves as imaxes e escoitas a música de cada unha das escenas.

Mapa conceptual sobre o JAZZ

Se entras neste mapa conceptual, verás os diferentes grupos que existen dentro do jazz, con exemplos sonoros de cada tipo de jazz.

Os pequenos músicos

Se premes nesta imaxe poderás divertirte traballando con cancións, con ritmos ou coas notas.

Crea a túa propia orquestra

Se picas na foto podes escoitar unha peza musical tocada con diferentes instrumentos. Ti podes crear a túa propia orquestra engadindo os instrumentos que queiras. Selecciona os músicos, séntaos nas súas sillas e dalle ó play para que interpreten a melodía. Escoita con atención o timbre dos diferentes instrumentos.
Concerto conto é unha mistura entre un concerto e un conto. Este tá baseado no conto de "Los músicos de Bremen" e as narracións van intercalando a música dunha Banda Sinfónica. Preme a foto e verás como che gusta.

O tren da alegría

Pincha neste tren e encontraraste con unha lista de 11 cacións infantís. Trata de aprendelas.

O espertar dos animais

Esta é unha pequena historia baseada na música de "El carnaval de los animales" de Camile Saint Saens. Poderás escoitala se premes na imaxe.

Xogos sobre o despertar dos animais

Despois de escoitar "O despertar dos animais", podes premer na imaxe e probar sorte con estes xogos...

O conto-canto de Nadal

Se picas nesta imaxe poderás ver e escoitar un bonito espectáculo no que o contacontos e a música son os protagonistas. Tratase dun conto de Nadal amenizado con cancións.

"A primaveira" de Vivaldi

"A primaveira" é unha parte da obra de Vivaldi, "Las cuatro estaciones". Ten unha música alegre e divertida. Se queres escoitala, en forma de conto, non tes máis que facer clic nesta imaxe. Anímate e verás...!

Os sons dos instrumentos

Cada instrumento ten o seu son. Escoita cada un deles e intenta averiguar cal é. Se queres xogar, tes que picar na imaxe.

Os sons da rúa

Se picas nesta imaxe poderás descubrir os sons que escoitas na rús e tratar de diferencialos.

Sons dos animais

Pica na imaxe e poderas traballar co son de diferentes animais.